INICIAR SESIÓN

II XORNADAS MEDIACIÓN COMUNICATIVA

O CIFP Ánxel Casal – Monte Alto celebrou as II Xornadas do Ciclo Superior de Mediación Comunicativa, co obxectivo de afondar en temáticas de interese para este ámbito e, paralelamente, divulgar o perfil profesional do mediador, tanto para as futuras e futuros estudantes como para a sociedade en xeral. O programa, baixo o lema “Comunicación sen límites”, desenvolveuse os días 2, 3 e 4 de maio nas instalacións do centro.

Imaxes das xornadas

As xornadas foron obxecto de cobertura na prensa:

El Ideal Gallego

La Voz de Galicia

Estas segundas xornadas contaron coa participación de entidades como a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), a Asociación de Familias de Persoas con Xordocegueira (APASCIDE), ASPACE Parálise Cerebral, a Asociación Trastorno Específico da Linguaxe de Galicia (ATELGA) e o Centro de Educación Especial Nosa Señora do Rosario.

Programa