Que se aprende a facer?
Deseñar, fabricar e reparar próteses dentofaciais, aparellos de ortodoncia e férulas oclusais segundo prescrición e indicacións facultativas, así como efectuar o reaxuste necesario para o seu acabamento e xestionar un laboratorio de próteses dentais realizando as operacións para a comercialización do produto, e respectando a normativade seguridade e protección ambiental, así como as especificacións de calidade.
En que ámbitos se traballa?
No sector sanitario, en empresas privadas ou en institucións asistenciais, como fabricante de produtos sanitarios dentais á medida en laboratorios de prótese dental, como traballador autónomo ou por conta allea, e en empresas da industria dental, como fábricas provedoras de materiais e maquinaria, ou en depósitos dentais, participando nas actividades de formación específicas da empresa. Tamén pode desenvolver a súa actividade no campo da investigación tecnolóxica dentro de empresas do sector dental en a instrución na industria dental impartindo cursos básicos ou avanzados sobre novos materiais e novas técnicas. A súa actividade está sometida a regulación pola Administración sanitaria estatal.
Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a superior en próteses dentais, técnico/a especialista en próteses dentais,responsable técnico/a dun laboratorio de prótese dental, comercial na industria dental ou depósitos dentais, responsable técnico/a en departamentos de investigación e desenvolvemento de produtos na industria dental.
Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos | Horas |
Aparellos de ortodoncia e férulas oclusais | 266 |
Deseño funcional de próteses | 133 |
Formación e orientación laboral | 107 |
Laboratorio de próteses dentais | 80 |
Próteses completas | 187 |
Restauracións e estruturas metálicas en prótese fixa | 187 |
Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
Formación en centros de traballo | 384 |
Próteses parciais removibles metálicas, de resina e mixtas | 210 |
Próteses sobre implantes | 157 |
Proxecto de próteses dentais | 26 |
Restauracións e recubrimentos estéticos | 210 |
Que título se obtén?
Técnico superior en próteses dentais.