INICIAR SESIÓN

PROXECTO INTERNACIONAL KA2 2018-2021

 

1ª reunión proxecto PHIL

Os días 8 e 9 de novembro produciuse en Ferrol o primeiro encontro relativo ao proxecto PHIL (Promote Healthy Habits and Improve Languages), coordinado pola Escola de Idiomas de Ferrol e no que participa o noso centro, así coma centros de Eslovaquia, Italia, Lituania e República Checa.

Tras un recibimento pola EOI, os participantes participaron nun acto de recepción institucional no Concello de Ferrol.

Imaxes do encontro

Nova de El Diario de Ferrol

Twitter

 

 World Food Day 2018

Para conmemorar o día mundial da alimentación (16 de outubro), o alumnado de varios dos ciclos do centro elaborou diversos materiais, dentro do programa internacional KA2:

Resumo das actividades realizadas para celebrar o World Food Day

Presentación World Food Day  (CS Saúde Ambiental)

 

 

Novo proxecto internacional KA2 titulado " Promote Healthy habits and Improve Languages".

Este curso comenzamos un novo proxecto europeo enmarcado dentro das accións estratéxicas KA204 para a educación de adultos.

Nesta primeira fase faremos a selección dos participantes, que poderán ser profesores e alumnos interesados na elaboración de materiais educativos novidosos sobre hábitos de vida saudables.

Para coñecer mais en detalle os pormenores do proxecto podedes leer o arquivo adxunto, e de estar interesados, poñédevos en contacto coa coordinadora Belén Lage (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.).

Proxeto interncional KA2