INICIAR SESIÓN

PROGRAMA ERASMUS + 2017 - 2018:  FCT no estranxeiro. 

16/02/2018 BASES DA CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL DOCENTE DE CICLOS MEDIOS E SUPERIORES PARA A SÚA PARTICIPACIÓN DENTRO DO PROGRAMA ERASMUS+ 2017-2018

O CIFP Ánxel Casal-Monte Alto, convoca o proceso selectivo para asignar bolsas dentro do Programa Erasmus+, destinadas a persoal docente de ciclo medio e de ciclo superior. As bolsas son para realizar estadías formativas en empresas ou institucións dalgún país da Unión Europea. O período financiado será de 5 días para ciclo superior e 7 días para ciclo medio.

Máis información

16/02/2018 ADXUDICACIÓNS DEFINITIVAS CICLOS SUPERIORES PARA A SÚA PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA ERASMUS+ 2017-2018

Despois das renuncias, actualízase a listaxe de alumnado seleccionado para a adxudicación de bolsas dentro do programa Erasmus + para realizar a FCT no estranxeiro e a listaxe de espera correspondente:

Adxucicacións definitivas

 

08/02/2018 PUBLICACIÓN DAS PUNTUACIÓNS E DAS PERSOAS ADXUDICADAS PARA A SÚA PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA ERASMUS+ 2017-2018

Faise pública a listaxe de alumnado seleccionado para a adxudicación de bolsas dentro do programa Erasmus + para realizar a FCT no estranxeiro, así coma a listaxe de puntuacións dos solicitantes:

 

Adxudicados ciclos medios

Adxudicados ciclos superiores

Puntuacións dos solicitantes

 

12/01/2018 BASES DA CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DE ESTUDANTES DE CICLOS MEDIOS E SUPERIORES PARA A SÚA PARTICIPACIÓN DENTRO DO PROGRAMA ERASMUS+ CURSO 2017-2018

Publícanse as bases da convocatoria para a selección de estudantes de CM e CS para o programa Erasmus + do curso 2017-2018.

Bases da convocatoria

Realizaranse sesións informativas, para o alumnado interesado en realizar prácticas no estranxeiro, nas seguintes datas e horas: