INICIAR SESIÓN

PROGRAMA ERASMUS+ - NOVAS

 20/02/2017 SESIÓN INFORMATIVA EXPERIENCIAS EUROPEAS

O próximo mércores, 22 de febreiro, ás 11.30 h no salón de actos, terá lugar unha sesión informativa sobre experiencias europeas, na que participantes do programa Erasmus+ compartirán as súas experiencias realizando prácticas no estranxeiro.  

Cartel

23/01/2017 CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL DOCENTE PARA O PROGRAMA ERASMUS +

Convócase o procedemento selectivo para asignar bolsas dentro do Programa Erasmus+, destinadas a persoal docente de ciclo medio e de ciclo superior. 

Máis información:

Bases convocatoria selección persoal docente Erasmus +

 

23/01/2017 RESOLUCIÓN CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA ERASMUS +

Faise pública a listaxe de seleccionados para realizar a FCT no estranxeiro dentro das becas Erasmus + na súa convocatoria extraordinaria.

Máis información:

Adxudicación bolsas Erasmus + Ciclos Superiores

 

12/01/2017 CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA ERASMUS + PARA CICLOS SUPERIORES

Convócase un proceso selectivo para asignar bolsas dentro do Programa Erasmus+, destinadas a estudantes de ciclos formativos de grado superior, para facer a FCT (Formación en Centros de Traballo) no estranxeiro durante o terceiro trimestre do curso 2016-2017. O obxectivo da convocatoria extraordinaria é cubrir baixas de alumnado seleccionado.

Información sobre a convocatoria

 

09/12/2016 PUBLICACIÓN PUNTUACIÓN BECAS ERASMUS

PUNTUACIÓN SOLICITANTES
ADXUDICACIÓN CICLOS MEDIOS
ADXUDICACIÓN CICLOS SUPERIORES

 

03/11/2016 CONVOCATORIA ERASMUS+ 2016-1017

Convocatoria de becas Erasmus + para a realización da FCT no estranxeiro. Pódense consultar as bases na seguinte ligazón:
Convocatoria becas Erasmus +

 

03/11/2016 REUNIÓN INFORMATIVA ERASMUS+ E ACOEUROPA V

Dende a Coordinación de Programas Internacionais convócase unha reunión informativa en dúas quendas dirixida ao alumnado interesado en realizar prácticas no estranxeiro durante o 2017.
As datas, lugar e horas das reunións pódense consultar no seguinte documento:
Reunións Erasmus + e Acoreuropa
O obxectivo da reunión será informar sobre as convocatorias de Bolsas dentro do programa Erasmus+ para realizar:


A formación en centros de traballo (FCT) de ciclos medios e superiores.

Prácticas como titulados/as (en Xuño ou Decembro 2016) de ciclos superiores (ACOREUROPA V)

 

18/10/2016 Modelos de acordos de aprendizaxe para realizar a FCT no estranxeiro curso 2016 2017
Acuerdo de aprendizaje movilidad de estudiantes para prácticas 2016
Learning Agreement Student Mobility for Traineeships 2016

 

18/10/2016 Financiamento de mobilidades Programa Erasmus+ convocatoria 2016
Información sobre o financiamento das mobilidades de estudantes e persoal de CICLOS MEDIOS e CICLOS SUPERIORES dentro do programa Erasmus+ Convocatoria 2016. Pódese consultar nos seguintes enlaces:
Financiamento Ciclos Medios
Financiamento Ciclos Superiores