Que se aprende a facer?
Realizar estudos analíticos de mostras biolóxicas, seguindo os protocolos normalizados de traballo, aplicando as normas de calidade, seguridade e ambientais establecidas, e valorando os resultados técnicos, para que sirvan como soporte á prevención, ao diagnóstico, ao control da evolución e ao tratamento da doenza, así como á investigación, seguindo os protocolos establecidos na unidade asistencial.
Onde se realiza o traballo?
No sector sanitario, en organismos e institucións do ámbito público e en empresas privadas, na área do laboratorio de análises clínicas, así como no diagnóstico, no tratamento, na xestión e na investigación. Actúan como traballadores/as dependentes en organismos ou institucións pequenos, medianos ou grandes. A súa actividade profesional está sometida a regulación pola Administración sanitaria estatal.
En que postos de traballo?
Técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico. Técnico/a especialista en laboratorio. Axudante técnico en laboratorio de investigación e experimentación. Axudante técnico en laboratorio de toxicoloxía. Delegado/a comercial de produtos hospitalarios e farmacéuticos.
Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos | Horas |
Análise bioquímica | 175 |
Bioloxía molecular e citoxenética | 187 |
Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
Fisiopatoloxía xeral | 213 |
Formación e orientación laboral | 107 |
Formación en centros de traballo | 384 |
Microbioloxía clínica | 157 |
Proxecto de laboratorio clínico e biomédico | 26 |
Técnicas de análise hematolóxica | 175 |
Técnicas de inmunodiagnóstico | 70 |
Técnicas xerais de laboratorio | 240 |
Xestión de mostras biolóxicas | 213 |
Que título se obtén?
Técnico superior en laboratorio clínico e biomédico