INICIAR SESIÓN

Familia: Servizos socioculturais e á comunidade

Sistema educativo:LOE
Grao:Superior
Horas:2000
Código:S20004
Oferta en réxime ordinario: Todos os módulos se distribúen en dous cursos académidos en horario de mañá (De 8:30h a 15:00h)
Oferta en réxime de adultos, modalidade modular: Cursando módulos seleccionados polo alumnado en horario de tarde (De 16:00h a 22:30h)


 

Que se aprende a facer?
Desenvolver intervencións de mediación comunicativa para persoas xordas, xordocegas e con discapacidade auditiva, que sexan usuarias da lingua de signos española, ou con dificultades de comunicación, linguaxe e fala; así como programas de promoción das persoas xordas e xordocegas usuarias da lingua de signos española, e de sensibilización social, respectando a idiosincrasia das persoas usuarias

 

Onde se realiza o traballo?
No sector dos servizos ás persoas xordas, xordocegas, con discapacidade auditiva e con dificultades de comunicación que sexan usuarias da lingua de signos española. Estes servizos recollen os ámbitos asistenciais, educativos, sociolaborais, psicosociais e de apoio nas xestións básicas. Tamén exercen a súa actividade no sector dos servizos á comunidade, nos ámbitos da dinamización comunitaria e na promoción de igualdade de oportunidades con estes colectivos de persoas

 

En que postos de traballo?
Axente de desenvolvemento da comunidade xorda. Técnico/a en promoción, atención e formación a persoas xordas. Axente dinamizador/ora da comunidade xorda. Mediador/ora social da comunidade xorda. Axente de desenvolvemento da comunidade xordocega. Axente dinamizador da comunidade xordocega. Mediador/ora de persoas xordocegas. Asistente/a de persoas xordocegas. Mediador/ora de persoas con dificultades de comunicación

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos Horas
Habilidades sociais 123
Primeiros auxilios 53
Sistemas aumentativos e alternativos de comunicación 139
Metodoloxía da integración social das persoas con dificultades de comunicación, linguaxe e fala                 80
Sensibilización social e participación 80
Intervención socioeducativa con persoas xordocegas 133
Contexto da mediación comunicativa con persoas xordocegas 160
Lingua de signos 240
Ámbitos de aplicación da lingua de signos 175
Intervención con persoas con dificultades de comunicación 87
Técnicas de intervención comunicativa 160
Proxecto de mediación comunicativa 26
Formación e orientación laboral 107
Empresa e iniciativa emprendedora 53
Formación en centros de traballo 384

 

Que título se obtén?
Técnico superior en mediación comunicativa.

 

A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo aos estudos universitarios de grao e a outro ciclo formativo de grao superior.