INICIAR SESIÓN

Familia: Servizos socioculturais e á comunidade
Sistema educativo: LOE
Grao: Superior
Horas: 2000
Código: SSSC02

Oferta formativa:
 
Modalidade réxime ordinario: Todos os módulos se distribúen en dous cursos académicos en horario de mañá (De 8:30h  a 15:00h)
Modalidade modular: Cursando módulos seleccionados polo alumnado en horario de tarde (De 16:00h a 22:30h)
 

 

Que se aprende a facer?
Programar, organizar, pór en práctica e avaliar as intervencións de integración social aplicando estratexias e técnicas específicas, promovendo a igualdade de oportunidades, con actitude de respecto cara ás persoas destinatarias e garantindo a creación de ámbitos seguros, tanto para profesionais como para as persoas destinatarias.

 

Onde se realiza o traballo?
No sector dos servizos ás persoas (de tipo asistencial, educativo, de apoio na xestión doméstica e psicosocial) e no de servizos á comunidade (atención psicosocial a colectivos e persoas en desvantaxe social, mediación comunitaria, inserción ocupacional e laboral, promoción de igualdade de oportunidades e defensa dos dereitos das vítimas de violencia de xénero e dos seus fillos e as súas fillas).

 

En que postos de traballo?
Técnico/a de programas de prevención e inserción social; educador/ora de equipos residenciais de diverso tipo; educador/ora de persoas con discapacidade; traballador/ora familiar; educador/ora de educación familiar; auxiliar de tutela; monitor/ora de centros abertos; técnico/a de integración social; especialista de apoio educativo; educador/ora de educación especial; técnico/a educador/a;
técnico/a especialista I (de integración social); técnico/a especialista II (educativo); monitor/ora de persoas con discapacidade; técnico/a de mobilidade básica; técnico/a de inserción ocupacional; mediador/ora ocupacional e/ou laboral; dinamizador/ora ocupacional e/ou laboral; educador/ora de base; mediador/ora comunitario/a; mediador/ora intercultural; mediador/ora veciñal e comunitario/a; preparador/ora laboral; técnico/a de emprego con apoio; técnico/a de acompañamento laboral; monitor/ora de rehabilitación psicosocial.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos Horas
Apoio á intervención educativa 123
Atención ás unidades de convivencia 161
Contexto da intervención social 133
Empresa e iniciativa emprendedora 53
Formación e orientación laboral 107
Formación en centros de traballo 384
Habilidades sociais 123
Inserción sociolaboral 213
Mediación comunitaria 139
Metodoloxía da intervención social 133
Primeiros auxilios 53
Promoción da autonomía persoal 213
Proxecto de integración social 26
Sistemas aumentativos e alternativos de comunicación 139

 

Que título se obtén?
Técnico superior en integración social
 

Horarios curso 2017/2018

Réxime xeral-ordinario

Horario grupo INSO 1 001

Horario grupo INSO 2 001

Réxime adultos-presencial

Horario grupo INSO Modular 001