Que se aprende a facer?
Promover a saúde bucodental das persoas e da comunidade, mediante o de-senvolvemento de actividades preventivas e técnico-asistenciais que inclúen a ex-ploración, a avaliación, a promoción e a realización de técnicas odontolóxicas en colaboración co/coa odontólgo/a o/a médico/a estomatólogo/a. Como membro dun equipo de saúde bucodental realizará a súa actividade profesional con criterios de calidade, seguridade e optimización de recursos.
Onde se realiza o traballo?
No sector sanitario público e no privado, na área de atención sanitaria e promoción da saúde, formando parte de equipos estruturados de saúde bucodental, de equipos de atención primaria, nas unidades de promoción da saúde, e en consultas ou gabinetes dentais privados. Poden integrarse nun equipo de prevención e atención sanitaria, coordinado por un/unha facultativo/a. Desenvolven funcións de organización e xestión na unidade ou no gabinete dental de traballo, prestan servizos asistenciais e preventivos á comunidade e controlan a súa calidade a través de actividades de vixilancia epidemiolóxica e de educación sanitaria. A súa actividade profesional está sometida a regulación pola Administración competente.
En que postos de traballo?
Técnico/a superior en hixiene bucodental. Técnico/a especialista hixienista dental. Hixienista bucodental. Educador/ora en saúde bucodental.
Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos | Horas |
Conservadora, periodoncia, cirurxía e implantes | 175 |
Educación para a saúde oral | 105 |
Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
Epidemioloxía en saúde oral | 87 |
Estudo da cavidade oral | 213 |
Exploración da cavidade oral | 134 |
Fisiopatoloxía xeral | 213 |
Formación e orientación laboral | 107 |
Formación en centros de traballo | 384 |
Intervención bucodental | 213 |
Primeiros auxilios | 53 |
Prótese e ortodoncia | 157 |
Proxecto de hixiene bucodental | 26 |
Recepción e loxística na clínica dental | 80 |
Que título se obtén?
Técnico superior en hixiene bucocental