Familia: Servizos socioculturais e á comunidade
Que se aprende a facer?
Deseñar, pór en práctica e avaliar proxectos e programas educativos de atención á infancia no primeiro ciclo de educación infantil no ámbito formal, consonte a proposta pedagóxica elaborada por un mestre ou unha mestra coa especialización en educación infantil ou título de grao equivalente, e en toda a etapa no ámbito non formal, xerando contornos seguros e en colaboración con profesionais e coas familias.
Onde se realiza o traballo?
No sector da educación formal e non formal e no sector dos servizos sociais de atención á infancia.
En que postos de traballo?
Educador ou educadora infantil en primeiro ciclo de educación infantil, sempre baixo a supervisión dun mestre ou dunha mestra, en institucións públicas e privadas. Educador ou educadora en institucións ou en programas específicos de traballo con menores (de cero a seis anos) en situación de risco social, ou en medios de apoio familiar, seguindo as directrices doutros profesionais. Educador ou educadora en programas ou actividades de lecer e tempo libre infantil con menores de cero a seis anos: ludotecas, casas de cultura, bibliotecas, centros educativos, centros de lecer, granxas escola, etc.
Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos | Horas |
Autonomía persoal e saúde infantil | 155 |
Desenvolvemento cognitivo e motor | 213 |
Desenvolvemento socioafectivo | 123 |
Didáctica da educación infantil | 240 |
Expresión e comunicación | 213 |
Formación e orientación laboral | 107 |
Empresa e inicitaiva emprendedora | 53 |
Formación en centros de traballo | 384 |
Habilidades sociais | 123 |
Intervención con familias e atención a menores en risco social | 123 |
O xogo infantil e a súa metodoloxía | 187 |
Primeiros auxilios | 53 |
Proxecto de atención á infancia | 26 |
Que título se obtén?
Técnico superior en educación infantil
A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo a calquera estudo universitario de grao e a calquera outro ciclo formativo de grao superior.