Que se aprende a facer?
Realizar as operacións de inspección necesarias para identificar, controlar, vixiar, avaliar e, de ser o caso, corrixir os factores de risco ambiental para a saúde, desenvolvendo programas de educación e promoción da saúde das persoas na súa interacción co medio ambiente, baixo a supervisión correspondente.
Onde se realiza o traballo?
Organización e xestión da unidade de traballo, de prestación do servizo, investigación, docencia e educación sanitaria.
En que postos de traballo?
Técnico en saúde ambiental. Técnico en control de augas de consumo. Técnico en contaminación atmosférica. Técnico en xestión de residuos.
Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos | Horas |
Augas de uso e consumo | 345 |
Contaminación atmosférica, ruídos e radiacións | 185 |
Control e vixilancia da contaminación da alimentación | 295 |
Educación sanitaria e promoción da saúde | 130 |
Formación e orientación laboral | 55 |
Formación en centros de traballo | 380 |
Horas á disposición do centro | 80 |
Organización e xestión da unidade de saúde ambiental | 110 |
Produtos químicos e vectores de interese na saúde pública | 185 |
Proxecto integrado | 90 |
Residuos sólidos e medio construído | 145 |
Que título se obtén?
Técnico superior en saúde ambiental.
A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo aos estudos universitarios de grao e a outro ciclo formativo de grao superior.