Que se aprende a facer?
Aplicar tratamentos con radiacións ionizantes baixo prescrición médica, utilizar equipamentos provistos de fontes encapsuladas ou produtores de radiacións, aplicando as normas de radioprotección xerais e específicas, e asistindo o/a paciente durante a súa estadía na unidade, así como realizar procedementos de protección radiolóxica hospitalaria, seguindo normas de garantía de calidade e os protocolos establecidos na unidade asistencial.
Onde se realiza o traballo?
No sector sanitario, en organismos e institucións do ámbito público e en empresas privadas, en unidades de oncoloxía radioterápica, en unidades ou servizos de radiofísica hospitalaria, en unidades técnicas de protección radiolóxica e en centros de investigación.
Realizan o seu traballo baixo a supervisión do/da facultativo/a correspondente e o/a supervisor/ora da instalación, coa conseguinte acreditación como operador/ora de instalacións radioactivas outorgada polo Consello de Seguridade Nuclear (CSN).
A súa actividade profesional está sometida a regulación pola Administración sa-nitaria estatal.
En que postos de traballo?
Técnico/a superior en radioterapia. Técnico/a especialista en radioterapia. Persoal auxiliar dos servizos de protección radiolóxica. Delegado/a comercial de equipamentos de radioelectroloxía médica.
Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos | Horas |
Anatomía pola imaxe | 266 |
Atención ao/á paciente | 160 |
Dosimetría física e clínica | 140 |
Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
Formación e orientación laboral | 107 |
Formación en centros de traballo | 384 |
Fundamentos físicos e equipamentos | 267 |
Protección radiolóxica | 160 |
Proxecto de radioterapia e dosimetría | 26 |
Simulación do tratamento | 105 |
Tratamentos con braquiterapia | 123 |
Tratamentos con teleterapia | 209 |
Que título se obtén?
Técnico superior en radioterapia e dosimetría