INICIAR SESIÓN

Familia:Sanidade
Sistema educativo:LOE
Grao:Superior
Horas:2000
Código:SSAN02
Oferta en réxime ordinario: Todos os módulos se distribúen en dous cursos académicos en horario de mañá (De 8:30h a 15:00h)



Que se aprende a facer?
Deseñar, fabricar e reparar próteses dentofaciais, aparellos de ortodoncia e férulas oclusais segundo prescrición e indicacións facultativas, así como efectuar o reaxuste necesario para o seu acabamento e xestionar un laboratorio de próteses dentais realizando as operacións para a comercialización do produto, e respectando a normativade seguridade e protección ambiental, así como as especificacións de calidade.

 

En que ámbitos se traballa?
No sector sanitario, en empresas privadas ou en institucións asistenciais, como fabricante de produtos sanitarios dentais á medida en laboratorios de prótese dental, como traballador autónomo ou por conta allea, e en empresas da industria dental, como fábricas provedoras de materiais e maquinaria, ou en depósitos dentais, participando nas actividades de formación específicas da empresa. Tamén pode desenvolver a súa actividade no campo da investigación tecnolóxica dentro de empresas do sector dental en a instrución na industria dental impartindo cursos básicos ou avanzados sobre novos materiais e novas técnicas. A súa actividade está sometida a regulación pola Administración sanitaria estatal.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a superior en próteses dentais, técnico/a especialista en próteses dentais,responsable técnico/a dun laboratorio de prótese dental, comercial na industria dental ou depósitos dentais, responsable técnico/a en departamentos de investigación e desenvolvemento de produtos na industria dental.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos Horas
Aparellos de ortodoncia e férulas oclusais  266
Deseño funcional de próteses  133
Formación e orientación laboral  107
Laboratorio de próteses dentais  80
Próteses completas  187
Restauracións e estruturas metálicas en prótese fixa  187
Empresa e iniciativa emprendedora  53
Formación en centros de traballo  384
Próteses parciais removibles metálicas, de resina e mixtas  210
Próteses sobre implantes  157
Proxecto de próteses dentais  26
Restauracións e recubrimentos estéticos  210

 

Que título se obtén?
Técnico superior en próteses dentais.