INICIAR SESIÓN

Familia:Sanidade
Sistema educativo:LOE
Grao:Medio
Horas:2000
Código:MSAN02
 
Oferta en réxime ordinario: Todos os módulos se distribúen en dous cursos académicos en horario de mañá. (De 8:30h a 15:00h)
 
Oferta en réxime de aultos:
 
Modalidade modular: Cursando módulos seleccionados polo alumnado en horario de tarde (De 16:00h a 22:30h)
 
Modalidade semi-presencial e a distancia: Cursando módulos seleccionados polo alumnado a distancia. Titorías e exames en horario de tarde (De 16:00h a 22:30h)
 
 

Que se aprende a facer?
Asistir na dispensación e na elaboración de produtos farmacéuticos e afíns, e realizar a venda de produtos parafarmacéuticos, fomentando a promoción da saúde e executando tarefas administrativas e de control de almacén, conforme as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.

 

Onde se realiza o traballo?
En establecementos de venda de produtos farmacéuticos, parafarmacéuticos e, en xeral, produtos relacionados coa saúde humana ou animal, así como coa cosmética, a fitoterapia e outros. Do mesmo xeito, pode exercer a súa actividade en pequenos laboratorios de elaboración de produtos farmacéuticos e afíns.

 

En que postos de traballo?
Técnico/a en farmacia. Técnico/a auxiliar de farmacia. Técnico/a de almacén de medicamentos. Técnico/a en farmacia hospitalaria. Técnico/a en establecementos de parafarmacia.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos Horas
Anatomofisioloxía e patoloxía básicas 107
Dispensación de produtos farmacéuticos 213
Dispensación de produtos parafarmacéuticos 210
Disposición e venda de produtos 107
Empresa e iniciativa emprendedora 53
Formación e orientación laboral 107
Formación en centros de traballo 410
Formulación maxistral 187
Oficina de farmacia 157
Operacións básicas de laboratorio 239
Primeiros auxilios 53
Promoción da saúde 157

 

Que título se obtén?
Técnico en farmacia e parafarmacia.

 

A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo ao bacharelato e a calquera outro ciclo formativo de grao medio e de grao superior.