Que se aprende a facer?
Proporcionar coidados auxiliares ao paciente ou cliente e actuar sobre as condicións sanitarias do seu contorno como membro dun equipo de enfermaría nos centros sanitarios de atención especializada e de atención primaria, baixo a dependencia do diplomado de enfermaría e, de ser o caso, como membro dun equipo de saúde na asistencia sanitaria derivada da práctica do exercicio liberal, baixo a supervisión correspondente.
Onde se realiza o traballo?
Organización e xestión da unidade ou consulta, prestación do servizo e educación sanitaria.
En que postos de traballo?
Auxiliar de enfermaría ou clínica, de balnearios, de atención primaria e coidados de enfermería a domicilio; auxiliar bucodental, xeriátrico, pediátrico, de esterilización, de unidades especiais e de saúde mental.
Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos | Horas |
Formación e orientación laboral | 55 |
Formación en centros de traballo | 440 |
Hixiene do medio hospitalario e limpeza de material | 160 |
Horas á disposición do centro | 55 |
Operacións administrativas e documentación sanitaria | 55 |
Promoción da saúde e apoio psicolóxico ao paciente | 130 |
Relacións no equipo de traballo | 55 |
Técnicas básicas de enfermaría | 320 |
Técnicas de axuda odontolóxica e estomatolóxica | 130 |
Que título se obtén?
Técnico en coidados auxiliares de enfermaría.
A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo ao bacharelato e a calquera outro ciclo formativo de grao medio e de grao superior.