INICIAR SESIÓN

marina

Este programa é unha acción que se desenvolve directamente nos centros educativos e consiste en achegar a realidade emprendedora a eles coa presenza activa nun acto formativo de persoal técnico do IGAPE e dunha persoa emprendedora que dea a coñecer ao alumnado a súa experiencia persoal, como ferramenta que lle permita afianzar o espírito emprendedor e a iniciativa empresarial a partir de aptitudes como a creatividade, a iniciativa, o traballo en equipo, a confianza nun mesmo e o sentido crítico.

O acto formativo tivo lugar o pasado martes, 7 de febreiro, no salón de actos do noso centro. O técnico do IGAPE, foi D. Enrique José Gómez Fernández, quen interveu en primeiro lugar e introduzo a idea ou o concepto de emprender e de emprendedor, e que utilizou o símil do deporte, do adestramento, falou de “facer quentamento” para explicar a necesidade de constancia e perseveranza para poder acadar os obxectivos ou metas.

A continuación, a nosa emprendedora, Marina González Vidal, técnica superior en Educación Infantil e exalumna do instituto explicou a súa experiencia como emprendedora, falou de que foi o que lle impulsou a emprender, explicou en que consiste o seu proxecto empresarial no que leva un ano: “Naidedía”, alternativa ás escolas infantís tradicionais, ela coida no seu domicilio a uns nenos pequenos, 0 – 3 anos, polo que ofrece un servizo máis directo e personalizado, con máis agarimo e nun ambiente máis confortable. Tamén contou anécdotas, como fixo o estudo de mercado, como buscou a posible normativa reguladora, e as fontes de financiamento, que ao final foron os seus aforros, explicou as trabas e problemas que atopou no camiño.

O seu relatorio, nun estilo directo e claro, amosou a súa ilusión polo seu proxecto, o seu ánimo, e o pracer que lle proporciona traballar naquilo que lle gusta, loitar polo seu sono, e por iso, espertou o interese do alumnado, especialmente o pertencente ao Ciclo Superior de Educación Infantil

Ao remate da súa intervención abriuse un turno de preguntas do alumnado aos relatores.

 

Participación do CIFP no programa Lanzadeiras, dirixido á creación de miniempresas educativas en centros de ensino non universitario. O programa Lanzadeiras Coruña ten a finalidade de promover a innovación e o emprendemento en todas as etapas do sistema educativo co obxectivo de potenciar as competencias profesionais, sociais e persoais do alumnado. Trátase dun programa que busca un avance no desenvolvemento do espírito emprendedor no alumnado favorecendo a adquisición de hábitos e condutas emprendedoras.

O noso centro participa co Proxecto “Ouvisan”, que será desenvolvido polos alumnos do CS Audioloxía Protésica” do réxime ordinario e modular, coa colaboración dos profesores: Juan Carlos Armisén Gea, Ana Barba Álvarez, Beatriz Fariña García, e a Coordinadora de emprendemento do centro, Paula Mª Díaz Carballada, como profesora e como coordinadora do mesmo.


O Proxecto consiste na creación dun taller para a elaboración de protectores auditivos á medida, adaptados ás características fisiolóxicas dos usuarios e as características do entorno académico ou profesional, para a protección dos ouvidos fronte a contaminación acústica e así poder reducir as consecuencias negativas do ruído no consumidor ou publico obxectivo (tales como malestar, dores de cabeza, desconcentración, fatiga auditiva, posible perda de audición…)

Con este programa preténdese lograr os seguintes obxectivos:

  • Concienciar ao alumnado da opción profesional “por conta propia”.
  • Proporcionar ao alumnado unha formación específica e práctica sobre como por en marcha unha empresa.
  • Promover o desenvolvemento de calidades persoais relacionadas co espírito emprendedor.
  • Inculcar a cultura emprendedora desde as etapas iniciais da ensinanza.
  • Organizar actividades baseadas na aprendizaxe a través da práctica incidindo nas habilidades e destrezas do alumnado.
  • Fomentar activamente a creación de miniempresas educativas nos centros reproducindo de forma realista o funcionamento das empresas.
  • Sensibilizar á comunidade educativa da importancia de construír e fomentar unha nova cultura emprendedora.
  • Dar a coñecer á sociedade este tipo de actuacións.

 

Xa chegou o novo curso 2016/2017 e con él, a Coordinación de Emprendemento do CIFP Ánxel Casal-Monte Alto, que dende o seu blog segue a fomentar o emprendemento entre o noso alumnado e promocionar a cultura emprendedora, por eso, seguiremos informando de todos aqueles aspectos que vos animen a convertiros en emprendedores e dar o paso cara unha aventura empresarial, poñendo a vosa idea en práctica.


Recordade que contamos cun VIVEIRO DE EMPRESAS que é un local dividido en despachos equipados con moblaxe, sala de reunións, equipamentos informáticos e os servizos precisos para levar as xestións necesarias para a posta en marcha da túa iniciativa emprendedora. No viveiro tamén contarás con asesoramento para o teu proxecto.

Poden acceder os alumnos que teñan un proxecto empresarial a desenvolver en Galicia, sempre que estean matriculados no derradeiro curso dun ciclo formativo de formación profesional, os que o remataran nos catro últimos anos, e tamén os que estean a estudar bacharelato.

O procedemento de acceso consiste en:

Entrevista incial co titor do viveiro
Elaboración do plan de empresa
Se o proxecto se valora como viable, asinarase o Contrato de cesión de espazo no viveiro de empresas do CIFP, para usar de forma gratuíta as instalacións do viveiro como sede da empresa.
Poderase disfrutar das instalacións do viveiro por un prazo de 2 anos, prorrogable nalgúns casos ata 3 anos.

Para mais información contactar coa titora do viveiro de empresas, Paula Díaz Carballada

 

Dende a Coordinación de Emprendemento do CIFP Ánxel Casal os informamos da celebración de FEMAGA 2016. O Recinto Feiral de Expocoruña acollerá unha nova edición da Feira de Mostras da Coruña, tamén coñecida como Feira dous Autónomos de Galicia. Este ano o evento desenvolverase desde o 3 ao 8 de Decembro, en horario de 11:00 a 21:00 horas e como todos os anos será unha cita ineludible para os profesionais de diferentes sectores comerciais.

FEMAGA, a XXIII Feira de Mostras de Autónomos de Galicia é un gran punto de encontro entre profesionais de diferentes sectores e aberto ao público. Unha inmellorable oportunidade para coñecer os produtos que ofrecen as diferentes empresas participantes. Todo isto, fai de FEMAGA un evento ineludible que durante seis intensas xornadas permite aos seus expositores conectar cos miles de visitantes

No Viveiro de Empresas do centro e no Departamento de Fol temos a vosa disposición entradas gratuitas para asistir ao evento. ¡Animádevos!


RAZÓNS PARA SER VISITANTE

1. Obter información sobre novidades. As feiras permiten asistir en directo a demostracións e presentacións de novos produtos e/ou servizos.

2. Pre-seleccionar aos vendedores que nos interesan e realizar compras cara a cara co vendedor.

3. Comprobar directamente as características dos produtos antes da compra.

4. Comparar prezos e condicións entre toda a oferta especializada.

5. Solucionar problemas e discutir as nosas necesidades co persoal técnico

6. Coñecer as tendencias do sector.

7. Visitar a provedores actuais e potenciais e comparar entre eles.

8. Visitar a clientes actuais e potenciais.

9. Asistir a congresos, seminarios e actos paralelos, fonte indiscutible de información sobre as tendencias e a evolución do sector.

10. Proxectar unha determinada imaxe de poder de compra.

11. Avaliar as posibilidades dunha participación futura como expositor.