INICIAR SESIÓN

Programa formativo emprendemento e transformación dixital no comercio

 

Achégovos información (programa e calendario) do programa formativo sobre EMPRENDEMENTO E TRANSFORMACIÓN DIXITAL NO COMERCIO que a Fundación INCYDE xunto coa Cámara de Comercio da Coruña e a Xunta de Galicia poñen en marcha o próximo 21 de outubro na Coruña.

Trátase dun programa totalmente gratuíto de 6 semanas de duración que combina sesións conxuntas (luns e mércores de 18:30 a 21:30 hs) con titorías individuais (unha hora/semana).

As clases impartiranse nas oficinas da Cámara de Comercio da Coruña en c/ Alameda, 32.

A inscrición pode realizarse a través da web www.incyde.org ou ampliar información e inscribirvos chamando directamente ao 663 06 48 06 ou directamente na Cámara de Comercio (981216072).

Programa

Calendario

Programa Inicia

A Concellaría de Innovación, Industria, Emprego e Consumo do Concello da Coruña, organiza unha nova edición do Programa INICIA no curso escolar 2019-2020.

 

INICIA é un programa municipal que persegue a difusión e implantación do espírito emprendedor empresarial entre o alumnado de Ciclos de Formación Profesional e Ensinos Especiais radicados na nosa cidade que, previamente, manifesten o seu interese na participación de conformidade co establecido nas presentes bases. O programa proporciona apoio ao profesorado dos centros participantes, mediante a formación-titorización do alumnado e ofrece premios incentivadores que priman ás mellores iniciativas emprendedoras que se desenvolvan co programa.

 

O prazo da solicitude xa está aberto ata o día 12 de outubro. Podedes consultar as bases e facer a vosa inscrición neste enlace:

 

http://www.coruna.gal/educacion/es/programas/detalle-programa/inicia/contenido/1453656235048

 

 

 

 

Benvida ao curso 2019-2020

Xa chegou o novo curso 2019/2020 e con él a Coordinación de Emprendemento do CIFP Ánxel Casal-Monte Alto, que dende o seu blog segue a fomentar o emprendemento entre o noso alumnado e promocionar a cultura emprendedora, por eso, seguiremos informando de todos aqueles aspectos que vos animen a convertiros en emprendedores e dar o paso cara unha aventura empresarial, poñendo a vosa idea en práctica.

Recordade que contamos cun VIVEIRO DE EMPRESAS que é un local dividido en despachos equipados con moblaxe, sala de reunións, equipamentos informáticos e os servizos precisos para levar as xestións necesarias para a posta en marcha da túa iniciativa emprendedora. No viveiro tamén contarás con asesoramento para o teu proxecto.

Poden acceder os alumnos que teñan un proxecto empresarial a desenvolver en Galicia, sempre que estean matriculados no derradeiro curso dun ciclo formativo de formación profesional, os que o remataran nos catro últimos anos, e tamén os que estean a estudar bacharelato.

O procedemento de acceso consiste en:

Entrevista incial co titor do viveiro

Elaboración do plan de empresa

Se o proxecto se valora como viable, asinarase o Contrato de cesión de espazo no viveiro de empresas do CIFP, para usar de forma gratuíta as instalacións do viveiro como sede da empresa.

Poderase disfrutar das instalacións do viveiro por un prazo de 2 anos, prorrogable nalgúns casos ata 3 anos.

Para mais información contactar coa Coordinadora de Emprendemento, Paula Díaz Carballada, no seguinte horario, no viveiro de empresas:

luns: de 10:30 a 11:30 horas

martes: de 13:00 a 14:00 horas

xoves: de 10:30 a 11:30 e de 12:00 a 13:00 horas

venres: de 10:30 a 11:30 horas

Entrega de Premios “Progama Lanzadeiras - Miniempresas” 2019 5º Premio para o CIFP Ánxel Casal – Monte Alto

O pasado 12 de xuño celebrouse no CIFP Paseo das Pontes da Coruña, o acto de clausura e entrega de premios do programa Lanzadeiras-Miniempresas Coruña.
¡O noso proxecto: “GRILLZ DESIGN, SLS.” obtivo o 5º premio: Accésit II!
Os centros participantes foron os seguintes:

 Centro educativo  Proxecto
CIFP Someso  soStyle
CIFP Ánxel Casal-Monte Alto            Grillz Design, S.L.S
CIFP Paseo das Pontes  Gastroescola II
IES Agra do Orzán  Sociedad Cooperativa Agra_Reutiliza
IES Ramón Menéndez Pidal  Zalashop
IES Maximino Romero de Lema        PISolucións
CEIP Xesús San Luís Romero  Buscavidas do San Luís
IES Universidade Laboral Invernigal
IES de Mugardos Arte Floral Mugardesa
IES Isaac Díaz Pardo Lagoa Xestión de proxectos

O acto tivo lugar as 12:00 horas, no salón de actos e contou coa presencia por parte da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Responsable do Servicio de Orientación profesional e relación coas empresas, dna. Ana Ma Alzate Rodríguez e da Asesora de emprendemento, dna. Isabel Raña Mosquera; e a ademais co director da Fundación Alcoa, don José Gil Fernández Pulpeiro e a directora do diario A Opinión, dna. Carmen Merelas.

Os centros premiados foron os seguintes:
• 1º premio: IES Isaac Díaz Pardo Lagoa
• 2º premio:IES Universidade Laboral
• 3º premio: IES Maximino Romero de Lema
• Accésit I: CEIP Xesús San Luís Romero
• Accésit II: CIFP Ánxel Casal-Monte Alto

miniempresas coruna premios lanzadeiras 24 g

Fotografía: Víctor Echave

CONGRESO FP INNOVA 209

A semana pasada (do 8 ao 10 de maio) tivo lugar no Gaiás en Santiago de Compostela, o congreso de FP INNOVA 2019, e o noso centro estivo presente co seu Proxecto de Innovación “Grillz e novas tecnoloxías nas próteses dentais” e coa Miniempresa “Grillz Desing, SLS.” do 2º curso do Ciclo Superior de Próteses Dentais.

Para o alumnado e os “profes” participantes a aventura comezou o martes 7 de maio co montaxe dos stands. Aínda non dera comezo o congreso e o noso produto, os grillz, xa levantaba a expectación dos visitantes do Gaiás, en particular dunha parella de odontólogos que amosaron un enorme interese polo produtto e a súa fabricación e comercialización.

Ao longo destes tres días a nosa miniempresa foi visitada por multitude de persoas, case na súa maioría docentes e alumnos de toda Galicia pero tamén personalidades como o presidente da Xunta D. Alberto Nuñez Feijóo, a Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Dna. Carmen Pomar Tojo, o Director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación educativa, don. Manuel Corredoira López, a Subdirectora Xeral de FP, dna. Eugenia Pérez Fernández, o Subdirector Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado, don Iván Mira Fernández, o Inspector de educación do noso centro, don José Luis Mira Lema, o Consejero de Educación de Asturias e o Director General de Educación e de FP de Asturias.

Os nosos grillz non deixaron a ninguén indiferente. A xoiería/bisutería para as pezas dentais non é algo novo, xa leva anos comercializándose noutros países, se ben e a súa entrada e implantación no noso e máis recente, co cal foi un descubrimento para moitos dos visitantes ao Congreso.

En xeral, os visitantes quedaban abraiados cando lles explicabamos o proceso artesanal da súa elaboración, dende que chega a impresión da boca do cliente ata que o este o luce, é un produto personalizado e totalmente adaptado a morfoloxía das pezas  dentais do seu usuario, elaborados en materiais de primeira calidade e levados a cabo polos profesionais cualificados: os protésicos dentais.

Tanto para o alumnado de 2º CS de Próteses Dentais como para as profesoras participantes a experiencia foi moi positiva e enriquecedora.

Imaxes do FP Innova

Imaxes do FP Innova 2

Nova de La Opinión

 

IMG 20190515 WA0002