INICIAR SESIÓN

CONCURSO EDUEMPRENDE IDEA 2018


Publicada a Resolución do 19 de marzo de 2018, pola que se dá pubicidade do acordo do Consello de Dirección que aprba as bases reguladoras do concurso Eduemprede Idea 2018, dirixida ao alumnado das ensinanzas de F.P., deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia (4 abril 2018).

Resolución

DEMO-DAY FUNDACIÓN REPSOL

E despois de seis meses traballando... chegou o día!: o DEMO DAY, o día da demostración, da presentación do proxecto no que os nosos alumnos: Yemby, Ana, André e Zeus fixeron a presentación da súa idea emprendedora: "Eco fresh", un limpador desinfectante e desincrustante de uso intraoral para as próteses fixas e removibles totalmente ecolóxico e inocuo para as mucosas e as próteses. Un produto innovador, que actualmente non existe no mercado e que satisfará a necesidade dos usuarios das citadas próteses de ter un produto realmente efectivo e cómodo de usar

O acto tivo lugar o pasado martes, 13 de marzo, nas instalacións da refinería de REPSOL, e contou coa asistencia entre outras personalidades do Director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, a subdirectora xeral de Formación Profesional, o Director da Refinería e o Director da Fundación REPSOL.

O noso equipo traballou arreo nestes meses, con entrega, dedicación e sempre motivados, e iso notárono na Fundación REPSOL, estando sempre estre os proxectos máis valorados por interesante, novidoso e por cubrir un nicho de mercado existente, aínda que ao final non resultou o proxecto gañador, non pasa nada!, foi un traballo estupendo, é un proxecto estupendo.

Para o equipo foi unha experiencia moi satisfactoria a nivel persoal, na que aprenderon moito en relación co emprendemento e co mundo da empresa e que complementa á formación recibida nos seus respectivos ciclos.

Parabéns equipo!

Imaxes do acto

REPSOL

MINIEMPRESAS CORUÑA: SENLLEIRAS NO XORNAL LA OPINIÓN

O xornal La Opinión recolleu unha nova sobre CIFP Ánxel Casal, en concreto sobre o 2º curso do ciclo de Animación Sociocultural e Turística, que participa na 4ª edición de Miniempresas Coruña. 

O alumnado presenta o proxecto Senlleiras Animación S. Coop. consistente nunha aplicación web accesible que oferta unha ampla gama de servizos socioeducativos, recreativos e promocionais.

Nova de La Opinión

opinion1

Fotografía de Arcay/ Roller Agencia

A ODISEA DE EMPRENDER

Unha vez mais, dende a Coordinación de Emprendemento, organizouse a charla impartida por un emprendedor na que explica cales foron os seus pasos para poñer na práctica a súa idea de negocio.

Este curso estivo con nos para compartir a súa experiencia un antigo alumno noso, concretamente do CS de Animación Sociocultural, Abel Caballero. Contounos a súa personal odisea para montar unha empresa de ocio e tempo libre para todos os públicos:  “Abeloni”. Dende a súa empresa xestiónanse eventos culturais, campamentos de pernocta, urbáns e temáticos, festas da escuma, inchables, talleres educativos e formativos, rutas de sendeirismo, diferentes celebracións, etc. Os seus valores están presente na empresa: ecoloxía, sostenibilidade, responsabilidade laboral e colaboración social.

O seu relato foi único e diferente, un monólogo axil, directo, informal, claro e divertido, moi divertido, cun humor e ironía, que fixo rir ata as bágoas a todos os que o estábamos a escoitar.

Pero ademais foi instructivo, tratou todos os aspectos que interveñen na posta en marcha dun negocio: como reciben a idea de emprender as familias e amigos, a búsqueda dun nome e logotipo, os problemas de atopar un local axeitado, o público ao que vai dirixido, e... todo o que ten que ver cos aspectos burocráticos!, con toda a lista de papeleo e normativa que ten que cumprir un emprendedor! Sen  esquecer a aventura de atopar financiamento, indo de banco en banco, buscando axudas que nunca chegan e tendo que facer pago tras pago, antes de empezar a ver algún beneficio.

E aínda así, deixounos claro que é feliz por poder levar a cabo o seu sono e que cada un de nos temos que loitar por aquelo que queremos facer, porque ao final o conseguiremos.

EMPRENDEDOR

EMPRENDE NO TEU BARRIO

Neste mes de febreiro, a Fundación Ronsel, concedeu os premios aos gañadores do concurso "Emprende no teu barrio", que como cada ano ten como obxectivo fomentar o emprendemento na xente nova e no que participan diferentes centros educativos da cidade.

O noso alumno do CS de Laboratorio Clínico e Biomédico (réxime modular), Jesús Íñiguez del Valle, foi premiado pola súa idea emprendedora: un rocódromo e pistas de pádel nun mesmo espazo, a ubicación sería na zona dos Rosales.

O acto da entrega do premio celebrouse na oficina que a entidade Caixabank ten na rúa San Andrés da Coruña. Pola Fundación Ronsel estiveron presentes o seu director: Luis García Deber, Rafael Vázquez Cobas y César Pérez Rama. Polo CIFP Ánxel Casal-Monte Alto, xunto co alumno premiado estivo a Coordinadora de Emprendemento, Paula Díaz Carballada.

Imaxes do evento

IMG 20180205 WA0003