PROGRAMA ACTÚA 2021 - CHARLA EMPRENDEDORES

Outro curso máis, nesta segunda avaluación participamos no Programa Actúa, que se desenvolvíu no marco do Plan Eduemprende, dentro dun ámbito de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) en resposta á importancia da cultura emprendedora no desenvolvemento persoal e profesional da xente nova para a mellora da competitividade e da empregabilidade.

O obxectivo deste programa é achegar a realidade emprendedora ao alumnado dos centros educativos coa presenza activa de persoal técnico do IGAPE e dunha/s persoa/s emprendedora/s que dean a coñecer ao alumnado a súa experiencia persoal, como ferramenta que lle permita afianzar o espírito emprendedor e a iniciativa empresarial a partir de aptitudes como a creatividade, a iniciativa, o traballo en equipo, a confianza nun mesmo e o sentido crítico. Tamén se pretende pór en valor o traballo desenvolvido polo profesorado e o alumnado na aula. Neste caso os alumnos/as participantes foron os dos ciclos superiores de Animación Sociocultural e Turística e de Educación Infantil.

A actividade constou de dúas fases:

− Fase 1: A actividade emprendedora como unha alternativa laboral para o alumnado. Participación de persoal técnico do IGAPE e presentación dunha persoaemprendedora.

− Fase 2: Análise na aula entre o profesorado e o alumnado participante na actividade para obter conclusións.

Este curso volvimos a contar por parte do IGAPE, coa Consultora Promove, que xa estivo connosco o pasado curso 19/20. Agora por mor da pandemia, a participación da súa representante, María Traveso Lago, foi on line e resultou moi interesante ao alumnado.

Tamén repetimos coa figura do emprendedor elexido dende a Coordinación de Emprendemento do instituto: Abel Caballero Campos, que foi alumno do noso centro, onde cursou o ciclo superior de Animación Sociocultural e que fundou a empresa “Abeloni” adicada a xestión de eventos de ocio. A súa participación, coma a outra vez, foi un éxito, atrapou a atención dos asistentes dende o primeiro momento, cunha exposición axil, fresca e divertida contou a súa experiencia como emprendedor dende os seus comezos, con todos os problemas que atopou, como a visita a diferentes entidades bancarias, o papeleo, etc. Ata os problemas xurdidos a raíz do Covid e como afectou ao seu negocio. Deixou claro que na vida hai que loitar polos sonos e que os emprendedores deben saber adaptarse aos cambios e afrontalos con optimismo.

Por último, abríuse unha ronda de preguntas e respostas por parte dos relatores e destacou a alta participación do alumnado, facendo moitas preguntas e comentarios.