CERTAME DE COOPERATIVISMO NO ENSINO

No DOG núm. 20 do 1 de febreiro de 2021 publicouse a Orde 30 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras do certame Cooperativismo no ensino, dirixido ao alumnado dos centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

O certame ten por obxecto difundir e promover o cooperativismo ente o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, educación especial, formación profesional e de ensinanzas de réxime especial de Galicia, impulsando a realización de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos.

Poden consultar máis información

Establécense as seguintes modalidades de participación:

  • Actividades artísticas: dirixidas ao alumnado de educación infantil, primaria e educación especial.

  • Actividades cooperativizadas: dirixidas ao alumnado de educación secundaria obrigatoria e educación especial.

  • Proxectos empresariais cooperativos: dirixidos ao alumnado de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial.

O orzamento total ascende a 28.000 euros.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 30 de abril de 2021.

cooperativismo