INICIAR SESIÓN

PROGRAMA EMPRENDEMENTO REPSOL: FORMACIÓN DE FORMADORES

Seguimos co programa de emprendemento da Fundación REPSOL, neste caso leváronse a cabo no noso instituto os días 5, 6 e 7 de novembro, en horario de 4:00 a 8:00 pm. 3 sesións formativas dirixida aos estudantes líderes, profesores e voluntarios Repsol. Os estudantes serán os líderes dos seus equipos.

TALLER 1: LIDERADO E XESTIÓN DE EQUIPOS
OBXECTIVOS
- Coñecer a relación cerebro-liderado
- Explorar os circuítos de ameaza e recompensa cerebral
- Crecer en conciencia de si mesmos e capacidade de xestión de persoas
EXPERTO | LEANDRO FERNÁNDEZ MACHO
É Licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola WOLVERHAMPTON UNIVERSITY (Reino Unido), Diplomado en ADE polo TOMPKINS CORTLAND COMMUNITY COLLEGE (NEW YORK, Estados Unidos) e Máster en Dirección de Recursos Humanos por ICADE (Universidade Pontificia de Comillas). É Coach Profesional Certificado (PCC) pola International Coach Federation (ICF) , profesor de Eneagrama acreditado pola International Enneagram Association (IEA) e un dos primeiros profesionais acreditados en España para o uso de dinámicas de alto impacto e Firewalking polo Firewalking Institute of Research and Education.

O taller desenvolveuse de forma áxil e dinámica, intercalando a parte máis teórica con actividades nas que participabamos todos os presentes.

TALLER 2: CREATIVIDADE e DESIGN THINKING
OBXECTIVOS
- Ferramentas para a creación de ideas | Brainstorming
- Barreiras da creatividade
- Introdución ao DesignThinking
EXPERTO | PABLO CAMPOS
A experiencia profesional de Pablo pasa por empresas como Google, Peugeot-Citroën ou Telefónica Internacional onde tivo diferentes responsabilidades. O desenvolvemento de negocio e as operacións son os dous alicerces nos que desenvolveu a súa carreira.
Apaixonado polo ecosistema emprendedor, dirixiu as operacións de Quobis cando aínda estaban en fase startup.É actualmente mentor en Wayra, ponente habitual en citas como 3DS, Vindeira, ViaVigo, Yuzz ou a entrepreneurshipweek do I.E.
Profesor no máster en innovación industrial da universidade de Vigo, compaxina a súa dedicación profesional entre a docencia, un proxecto relacionado cos futuros coches conectados e posiblemente unha próxima nova aventura emprendedora

Ao final da exposición de Pablo Campos os alumnos e profesores participantes tivemos que levar a cabo una actividade de Design Thinking: redeseñar un carriño da compra. Para iso fixemos grupos e cada un o redeseñaba segundo as ideas dos seus membros e despois un portavoz expuxo e amosou diante dos demais o seu prototipo.


TALLER 3: MODELO CANVAS
OBXECTIVOS
- Coñecer metodoloxías áxiles |Lean Startup
- Traballar con lenzo Canvas

EXPERTO | LUCIA RUÍZ

Lucía é emprendedora. Estudou o Máster de Emprendimiento na Universidade de Mondragón, Teamlabs en Madrid, experto en metodoloxía de Design Thinking. Participou en diferentes programas de aceleración implementando metodoloxía Lean Startup como Demium Startup 2016 ou Startup Weekend Madrid 2017 e workshops de formación do Business Model Canvas con Álex Osterwalder en San Francisco, CA e na Universidade de Standford, Pau Alto. Experiencia en formación en varios proxectos sociais coa Fundación Repsol e Entreculturas e profesora nos módulos de innovación en diferentes programas online e offline como Junior Liquid BBVA e en escola como a EOI.
Recentemente Senior Coach en Impact Week Lagos, Nigeria patrocinado por Lufthansa.
Colabora en Néstor

Esta vez, ao finalizar a sesión tivemos que construír un torre o máis alta posible con 25 espaguetis e esparadrapo e que se mantivese en pé soportando el peso dunha nube no alto. As máis altas foron as de dous grupos que acadaron 73 cm de alto. Un dos grupos o formaban as alumnas do noso centro: Amparo Fernández Benedecto e Pilar Grandal Azpeitia.

Imaxes das sesións