INICIAR SESIÓN

DEMO-DAY FUNDACIÓN REPSOL

E despois de seis meses traballando... chegou o día!: o DEMO DAY, o día da demostración, da presentación do proxecto no que os nosos alumnos: Yemby, Ana, André e Zeus fixeron a presentación da súa idea emprendedora: "Eco fresh", un limpador desinfectante e desincrustante de uso intraoral para as próteses fixas e removibles totalmente ecolóxico e inocuo para as mucosas e as próteses. Un produto innovador, que actualmente non existe no mercado e que satisfará a necesidade dos usuarios das citadas próteses de ter un produto realmente efectivo e cómodo de usar

O acto tivo lugar o pasado martes, 13 de marzo, nas instalacións da refinería de REPSOL, e contou coa asistencia entre outras personalidades do Director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, a subdirectora xeral de Formación Profesional, o Director da Refinería e o Director da Fundación REPSOL.

O noso equipo traballou arreo nestes meses, con entrega, dedicación e sempre motivados, e iso notárono na Fundación REPSOL, estando sempre estre os proxectos máis valorados por interesante, novidoso e por cubrir un nicho de mercado existente, aínda que ao final non resultou o proxecto gañador, non pasa nada!, foi un traballo estupendo, é un proxecto estupendo.

Para o equipo foi unha experiencia moi satisfactoria a nivel persoal, na que aprenderon moito en relación co emprendemento e co mundo da empresa e que complementa á formación recibida nos seus respectivos ciclos.

Parabéns equipo!

Imaxes do acto

REPSOL