INICIAR SESIÓN

Unha vez mais, dende a Coordinación de Emprendemento, organizouse a charla impartida por un emprendedor na que explica cales foron os seus pasos para poñer na práctica a súa idea de negocio.

Este curso estivo con nos para compartir a súa experiencia un antigo alumno noso, concretamente do CS de Animación Sociocultural, Abel Caballero. Contounos a súa personal odisea para montar unha empresa de ocio e tempo libre para todos os públicos:  “Abeloni”. Dende a súa empresa xestiónanse eventos culturais, campamentos de pernocta, urbáns e temáticos, festas da escuma, inchables, talleres educativos e formativos, rutas de sendeirismo, diferentes celebracións, etc. Os seus valores están presente na empresa: ecoloxía, sostenibilidade, responsabilidade laboral e colaboración social.

O seu relato foi único e diferente, un monólogo axil, directo, informal, claro e divertido, moi divertido, cun humor e ironía, que fixo rir ata as bágoas a todos os que o estábamos a escoitar.

Pero ademais foi instructivo, tratou todos os aspectos que interveñen na posta en marcha dun negocio: como reciben a idea de emprender as familias e amigos, a búsqueda dun nome e logotipo, os problemas de atopar un local axeitado, o público ao que vai dirixido, e... todo o que ten que ver cos aspectos burocráticos!, con toda a lista de papeleo e normativa que ten que cumprir un emprendedor! Sen  esquecer a aventura de atopar financiamento, indo de banco en banco, buscando axudas que nunca chegan e tendo que facer pago tras pago, antes de empezar a ver algún beneficio.

E aínda así, deixounos claro que é feliz por poder levar a cabo o seu sono e que cada un de nos temos que loitar por aquelo que queremos facer, porque ao final o conseguiremos.

EMPRENDEDOR