INICIAR SESIÓN

O pasado mércores, 24 de xaneiro, celebrouse no CIFP Someso a inauguración do programa Lanzadeiras Coruña 2017/2018. O programa organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Alcoa inicia a súa 5ª edición

Este proxecto pretende fomentar a educación emprendedora a través da creación de miniempresas e outras propostas didácticas que impliquen a colaboración dos equipos docentes, a dinamización da comunidade educativa e a conexión co entorno, todo isto potenciando as capacidades profesionais e persoais do alumnado.

A inauguración contou coa presencia do Director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, a subdirectora xeral de Formación Profesional, o director de desenvolvemento de La Opinión e o director da fábrica de Alcoa da Coruña.

O noso centro participa por segunda vez, o curso pasado foi co alumnado do CS Audioloxía Protésica (familia de Sanidade) e este curso co 2º curso do ciclo superior de Animación Sociocultural e Turística; están a levar a cabo o proxecto “Senlleiras Animación, S. Coop.” que consiste no deseño e posta en marcha dunha Sociedade Cooperativa que, a través dunha Web App accesible e intuitiva, oferte unha ampla gama de servizos socioeducativos, recreativos e promocionais customizables. A aplicación presentarase en galego e lingua de signos española, con opción de tradución en castelán e inglés.

Tamén participan os seguintes centros: CIFP Someso, CIFP Paseo das Pontes, IES Universidad Laboral e IES Isaac Díaz Pardo

miniempresas coruna