INICIAR SESIÓN

Participación do CIFP no programa Lanzadeiras, dirixido á creación de miniempresas educativas en centros de ensino non universitario. O programa Lanzadeiras Coruña ten a finalidade de promover a innovación e o emprendemento en todas as etapas do sistema educativo co obxectivo de potenciar as competencias profesionais, sociais e persoais do alumnado. Trátase dun programa que busca un avance no desenvolvemento do espírito emprendedor no alumnado favorecendo a adquisición de hábitos e condutas emprendedoras.

O noso centro participa co Proxecto “Ouvisan”, que será desenvolvido polos alumnos do CS Audioloxía Protésica” do réxime ordinario e modular, coa colaboración dos profesores: Juan Carlos Armisén Gea, Ana Barba Álvarez, Beatriz Fariña García, e a Coordinadora de emprendemento do centro, Paula Mª Díaz Carballada, como profesora e como coordinadora do mesmo.


O Proxecto consiste na creación dun taller para a elaboración de protectores auditivos á medida, adaptados ás características fisiolóxicas dos usuarios e as características do entorno académico ou profesional, para a protección dos ouvidos fronte a contaminación acústica e así poder reducir as consecuencias negativas do ruído no consumidor ou publico obxectivo (tales como malestar, dores de cabeza, desconcentración, fatiga auditiva, posible perda de audición…)

Con este programa preténdese lograr os seguintes obxectivos:

  • Concienciar ao alumnado da opción profesional “por conta propia”.
  • Proporcionar ao alumnado unha formación específica e práctica sobre como por en marcha unha empresa.
  • Promover o desenvolvemento de calidades persoais relacionadas co espírito emprendedor.
  • Inculcar a cultura emprendedora desde as etapas iniciais da ensinanza.
  • Organizar actividades baseadas na aprendizaxe a través da práctica incidindo nas habilidades e destrezas do alumnado.
  • Fomentar activamente a creación de miniempresas educativas nos centros reproducindo de forma realista o funcionamento das empresas.
  • Sensibilizar á comunidade educativa da importancia de construír e fomentar unha nova cultura emprendedora.
  • Dar a coñecer á sociedade este tipo de actuacións.