INICIAR SESIÓN

Emprendemento - Inicio

Dende a Coordinación de Emprendemento do CIFP Ánxel Casal- Monte Alto queremos darvos a benvida a este espazo que nace co espirito de fomentar o emprendemento entre o noso alumnado.

Neste canle de comunicación iremos informando de todo o relacionado con emprendemento:

Actividades que se desenvolvan no centro

Ligazóns a información e ferramentas de xestión empresarial

Novidades en materia de lexislación que afecte ao autoemprego

Axudas e subvencións para a creación de empresas

… En definitiva, queremos crear un espazo para difundir e promocionar a cultura emprendedora, onde apoiar e asesorar a todos aqueles alumnos que opten polo autoemprego como vía de incorporación ao mercado laboral.

Por iso, dende aquí queremos animar a todos aqueles que teñan unha idea de negocio a levala á práctica.

CONCURSO EDUEMPRENDE IDEA 2021

 

O pasado venres 16 de abril, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicou a convocatoria do concurso eduemprende Idea 2021 dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.

Para máis información.

PROXECTO INICIA 2021

O pasado 24 de marzo tivo lugar no centro Ágora da Coruña a FEIRA DE IDEAS 2021 – XIII PREMIOS “FORMACIÓN PARA APRENDER”, evento no que estivo presente a Coordinación de Emprendemento do noso CIFP Ánxel Casal – Monte Alto.

O proxecto Inicia é un Programa de difusióndo espíritu emprendedorentre o alumnado de Ciclos formativos e Educación superior de centros públicos (ou privados cos que se firme convenio), mediante a titorización/mentorización dos seus proyectos empresariais, que leva a cabo o concello da Coruña.

A xornada tivo lugar ao longo do día, pola mañá levouse a cabo a exposición nos difententes stands das ideas emprendedoras, a mocidade emprendedora explicaba aos asistentens en que consistían os seus proxectos. Pola tarde, as 17:00 horas tiveron lugar uns relatorios a cargo de:

  • Clara Figueroa- Argadel Produccións (Produccións audiovisuais)

  • Adrián García -7 varas ( Bicicletas de bambú)

  • Emma Velo – Margen Estudio Creativo (Branding)

    Os tres relatores contaron a súa experiencia emprendedora.

    Ao rematar as charlas, ás 18:30 horas chegou o momento da entrega de premios. Os gañadores foron os seguintes proxectos:

  • ✔  1º premio: Emove (Venta y alquiler de VMP 100% eléctricos, servicio de mantenimiento, reparación y personalización) CPR Afundación

  • ✔  2º premio: Natexga (Moda sostenible y vegana, elaboración de ropa a partir de fibras y materiales totalmente naturales y autóctonos) CPR Nebrija

  • ✔  3º premio: Persyca (Produccion de videoxogos e aplicacións para dispositivos móviles, empresa de caracter social, enfocada a persoas con discapacidades físicas. CIFP Imaxe e son.

161830177214416183017721601618490602588

PROGRAMA ACTÚA 2021 - CHARLA EMPRENDEDORES

Outro curso máis, nesta segunda avaluación participamos no Programa Actúa, que se desenvolvíu no marco do Plan Eduemprende, dentro dun ámbito de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) en resposta á importancia da cultura emprendedora no desenvolvemento persoal e profesional da xente nova para a mellora da competitividade e da empregabilidade.

O obxectivo deste programa é achegar a realidade emprendedora ao alumnado dos centros educativos coa presenza activa de persoal técnico do IGAPE e dunha/s persoa/s emprendedora/s que dean a coñecer ao alumnado a súa experiencia persoal, como ferramenta que lle permita afianzar o espírito emprendedor e a iniciativa empresarial a partir de aptitudes como a creatividade, a iniciativa, o traballo en equipo, a confianza nun mesmo e o sentido crítico. Tamén se pretende pór en valor o traballo desenvolvido polo profesorado e o alumnado na aula. Neste caso os alumnos/as participantes foron os dos ciclos superiores de Animación Sociocultural e Turística e de Educación Infantil.

A actividade constou de dúas fases:

− Fase 1: A actividade emprendedora como unha alternativa laboral para o alumnado. Participación de persoal técnico do IGAPE e presentación dunha persoaemprendedora.

− Fase 2: Análise na aula entre o profesorado e o alumnado participante na actividade para obter conclusións.

Este curso volvimos a contar por parte do IGAPE, coa Consultora Promove, que xa estivo connosco o pasado curso 19/20. Agora por mor da pandemia, a participación da súa representante, María Traveso Lago, foi on line e resultou moi interesante ao alumnado.

Tamén repetimos coa figura do emprendedor elexido dende a Coordinación de Emprendemento do instituto: Abel Caballero Campos, que foi alumno do noso centro, onde cursou o ciclo superior de Animación Sociocultural e que fundou a empresa “Abeloni” adicada a xestión de eventos de ocio. A súa participación, coma a outra vez, foi un éxito, atrapou a atención dos asistentes dende o primeiro momento, cunha exposición axil, fresca e divertida contou a súa experiencia como emprendedor dende os seus comezos, con todos os problemas que atopou, como a visita a diferentes entidades bancarias, o papeleo, etc. Ata os problemas xurdidos a raíz do Covid e como afectou ao seu negocio. Deixou claro que na vida hai que loitar polos sonos e que os emprendedores deben saber adaptarse aos cambios e afrontalos con optimismo.

Por último, abríuse unha ronda de preguntas e respostas por parte dos relatores e destacou a alta participación do alumnado, facendo moitas preguntas e comentarios.

CERTAME DE COOPERATIVISMO NO ENSINO

No DOG núm. 20 do 1 de febreiro de 2021 publicouse a Orde 30 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras do certame Cooperativismo no ensino, dirixido ao alumnado dos centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

O certame ten por obxecto difundir e promover o cooperativismo ente o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, educación especial, formación profesional e de ensinanzas de réxime especial de Galicia, impulsando a realización de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos.

Poden consultar máis información

Establécense as seguintes modalidades de participación:

  • Actividades artísticas: dirixidas ao alumnado de educación infantil, primaria e educación especial.

  • Actividades cooperativizadas: dirixidas ao alumnado de educación secundaria obrigatoria e educación especial.

  • Proxectos empresariais cooperativos: dirixidos ao alumnado de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial.

O orzamento total ascende a 28.000 euros.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 30 de abril de 2021.

cooperativismo