Que se aprende a facer?
Executar as actividades de traslado do paciente ao centro sanitario, prestar atención básica sanitaria e psicolóxica no contorno prehospitalario, levar a cabo actividades de teleoperación e teleasistencia sanitaria, e colaborar na organización e no desenvolvemento dos plans de emerxencia, dos dispositivos de risco previsibles e da loxística sanitaria ante unha emerxencia individual ou colectiva, ou unha catástrofe.
Onde se realiza o traballo?
No sector sanitario público ou privado relacionado co traslado de pacientes ou vítimas, e a prestación de atención sanitaria e psicolóxica inicial, coa colaboración na preparación e no desenvolvemento da loxística sanitaria ante emerxencias colectivas ou catástrofes, así como participando na preparación de plans de emerxencia e dispositivos de risco previsible do ámbito da protección civil.
En que postos de traballo?
Técnico/a en transporte sanitario, técnico/a de emerxencias sanitarias, operador/a de teleasistencia, operador/a de centros de coordinación de urxencias e emerxencias.
Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos | Horas |
Anatomofisioloxía e patoloxía básicas | 107 |
Apoio psicolóxico en situacións de emerxencia | 53 |
Atención sanitaria especial en situacións de emerxencia | 227 |
Atención sanitaria inicial en situacións de emerxencia | 266 |
Dotación sanitaria | 107 |
Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
Evacuación e traslado de pacientes | 245 |
Formación e orientación laboral | 107 |
Formación en centros de traballo | 410 |
Loxística sanitaria en emerxencias | 160 |
Mantemento mecánico preventivo do vehículo | 80 |
Plans de emerxencias e dispositivos de riscos previsibles | 105 |
Teleemerxencias | 80 |
Que título se obtén?
Técnico en emerxencias sanitarias.
A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo ao bacharelato e a calquera outro ciclo formativo de grao medio e de grao superior.