INICIAR SESIÓN

DINAMIZACIÓN

E ti, inclúes cando falas?

A linguaxe que empregamos é moi importante. Por iso ao longo destas semanas puidemos identificar erros e propoñer melloras inclusivas para a nosa linguaxe cotiá.

A día de hoxe numerosas persoas da comunidade educativa veñen de comprometerse co uso dunha linguaxe inclusiva. Imos en bo camiño!

Esta actividade desenvolveuse en colaboración coa Biblioteca e co Equipo de Igualdade.

1.panel   2.fotos

 

Arte pola Igualdade nas Letras Galegas

Participamos no VIII Festival Arte pola Igualdade nas Letras Galegas para homenaxear a Antonio Fraguas.
Os valores da lingua e da diversidade foron da man da creatividade, a sensibilidade e a integración para celebrar as nosas Letras. 

A consellerías de Cultura e Turismo e de Educación, Universidade e Formación Profesional son as impulsoras deste Festival.

imaxe 1

imaxe 2

 

 

Palabras de Ciencia

Aprendemos e gozamos moito coas palabras de ciencia de Manuel Vicente, divulgador científico e director do Programa "Efervesciencia" de Radio Galega. Foi un pracer. Moitas grazas! 

E grazas tamén ao alumnado e ao profesorado de Farmacia e parafarmacia, Educación infantil, Dietética, Mediación comunicativa e Coidados auxiliares de enfermaría por participar na actividade. 

02.05.19 EDLG 1 02.05.19 EDLG 2 

Día do Libro: Presentación da 1ª novela en galego editada en lectura fácil.

Achegámonos á lectura fácil a través dunha obra da literatura universal: 20.000 leguas baixo os mares. Grazas a Miguel e a Diego, da Asociación Juan XXIII de Pontevedra, por facelo dun xeito tan didáctico e entretido.

A accesibilidade universal é un dereito da cidadanía. A lectura fácil é un método para facer os documentos máis doados de entender ás persoas con dificultades de comprensión lectora e xa está presenta na sanidade, na xustiza, na intervención social e na literatura.

Ciclos formativos participantes: Integración social, Coidados auxiliares de enfermaría, Educación infantil, Audioloxía protésica, Mediación comunicativa, Atención a persoas en situación de dependencia e Animación sociocultural e

turística.

20000 leguas baixo os mares  Día do Libro LF

Premio saboroso por entroidar en galego

GRAZAS por facernos desfrutar dun Entroido xenial na nosa lingua.

Grazas Irene, Laura Hervada, Laura Otero, Cristina, Manuel, Inés, Leticia e Jorge, de Integración social,

E grazas Laura Prieto, Candela, María Fraga, Tania, Lucía, Marta, Andrea, Carolina, María González, Paula, Adriana, Aida, Ana Lema, Ana Guedes, Alba, Laura Sáez, María Traba e Nerea, de Mediación comunicativa.petiscos de entroido