INICIAR SESIÓN

DINAMIZACIÓN

DESEÑOS GAÑADORES DO CONCURSO

 

As persoas gañadoras do concurso de máscaras cirúrxicas son:
  • María Pérez López
  • Irune Bermúdez Arteche
Á volta das festas de Nadal faráselles entrega do premio: Os seus deseños plasmados en máscaras cirúrxicas de tea.
 
Parabéns ás gañadoras e grazas a todas as persoas participantes!!
 
1.María2.Irune

 25N: AULAS EN PÉ CONTRA AS VIOLENCIAS

Dende o EDLG unímonos á acción reivindicativa con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

2020 25N Aulas en Pé Contra as Violencias

 

ESCOLMA DE CONVERSAS SOBRE EDUCACIÓN INFANTIL

Participamos na presentación desta publicación, froito do traballo colaborativo entre o alumnado e o profesor do módulo de Didáctica da educación infantil, o Equipo de Igualdade e o Equipo de dinamización da lingua galega. Parabéns!

Ademais, se queredes saber un pouco máis sobre as escolas públicas de nenas na Coruña, podedes consultar un interesante artigo elaborado polo alumnado e publicado na páxina web A Coruña das mulleres: https://acorunhadasmulleres.gal/escolas-publicas-de-nenas-na-coruna/

 portada libro

 

DESEÑO DE MÁSCARAS CIRÚRXICAS

Se es parte da comunidade educativa do CIFP Ánxel Casal-Monte Alto (alumnado, profesorado ou persoal non docente):
Anímaste a deseñar a túa máscara cirúrxica con motivos e/ou palabras galegas?

Bótalle imaxinación e gaña un deseño único!!

Concurso deseño máscaras cirrxicas

PROXECTAS EN GALEGO? Nova convocatoria

Vas redactar e defender o teu Proxecto en lingua galega?

Entón podes participar no sorteo de entradas para un CIRCUÍTO TERMAL.

Coñece as bases da convocatoria na seguinte ligazón: bases.

Cartel Proxectas en galego