INICIAR SESIÓN

DINAMIZACIÓN

ACTOS DE LIBERDADE

"O meu compromiso comigo está en escribir desde min. E eu son muller, miope e galega".
"...sendo muller aínda é ben difícil... vivir nas nubes".
 
Xela Arias
 
Encontro de escritores galegos e portugueses: muller e literatura.
Santiago de Compostela. 1991.
 
Xela Arias IMAXE1

"LINGUA DE NAMORAR", concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega

 

O certame de declaracións de amor en galego na rede está dirixido á mocidade e chega á súa décima edición con novidades baixo o lema #NamorarEnPandemia, incorporando así unha nova categoría de premio exclusiva de Instagram (IG). Para participar nesta categoría cómpre ser seguidor/a de @xuventudegalicia e de @linguagalega.
Toda a información e bases poden consultarse en http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar
lingua namorar
CONQUISTEMOS TikTok!
 
A campaña "Conquistemos TikTok!" é unha iniciativa que busca concienciar á cidadanía e facer un chamamento a esta rede social para que acepte o uso do galego na plataforma. 
Esta proposta creouse despois de que a Xunta de Galicia informase de que Tiktok vetou unha campaña de apoio ao sector cultural, #aculturasegue, por estar en lingua galega.
 
Como participar? As persoas usuarias da plataforma TikTok soben vídeos nos que empregan o galego para a creación de contidos. 
Animádesvos a difundir a iniciativa?
 
tIKtOK

DÍA DE ROSALÍA. 24 DE FEBREIRO

Conmemoramos este día co poema “Miña casiña, meu lar” de Follas novas, no que unha muller pobre chega á casa mollada e esfameada, e a pesar de que carece de todo, consegue o milagre da supervivencia: facer un humilde caldo de gloria e un bolo do pote.

Podes celebrar o Día de Rosalía lendo, recitando, escoitando, participando nas alboradas gaiteiras e comendo o caldo na túa casiña ou no teu centro de ensino. Desfrútao e compárteo con nós a través do enderezo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou tamén nas redes sociais cos seguintes cancelos (hashtags): #CaldodeGloria #DíadeRosalía

Aquí pódense consultar os actos que promove a Fundación Rosalía de Castro: https://rosalia.gal/

Feliz Día de Rosalía!

CaldoGloria

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de febreiro, aniversario do nacemento de Rosalía, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) propón dende 2010 á cidadanía que agasalle cun libro en galego e cunha flor ás amizades e persoas queridas. Animádesvos a participar nesta iniciativa?

Cartel Día Rosalía