INICIAR SESIÓN

DINAMIZACIÓN

Tendes boas ideas e gústavos o galego?

O Equipo de dinamización da lingua galega agárdache cos brazos abertos! Contacta con nós hoxe mesmo!!! Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

participación alumnado.A4

Teatro no CIFP Ánxel Casal-Monte Alto

Rematamos o curso cun espectáculo en clave de comedia: "Bicos con lingua", de Talía Teatro. 

Grazas ao alumnado, ao profesorado e ao persoal non docente pola súa implicación.

E grazas a Talía Teatro polas súas reflexións sobre os usos e abusos da lingua galega e polo magnífico rato compartido.

1.cartelbicos 0 2.salón

E ti, inclúes cando falas?

A linguaxe que empregamos é moi importante. Por iso ao longo destas semanas puidemos identificar erros e propoñer melloras inclusivas para a nosa linguaxe cotiá.

A día de hoxe numerosas persoas da comunidade educativa veñen de comprometerse co uso dunha linguaxe inclusiva. Imos en bo camiño!

Esta actividade desenvolveuse en colaboración coa Biblioteca e co Equipo de Igualdade.

1.panel   2.fotos

 

Arte pola Igualdade nas Letras Galegas

Participamos no VIII Festival Arte pola Igualdade nas Letras Galegas para homenaxear a Antonio Fraguas.
Os valores da lingua e da diversidade foron da man da creatividade, a sensibilidade e a integración para celebrar as nosas Letras. 

A consellerías de Cultura e Turismo e de Educación, Universidade e Formación Profesional son as impulsoras deste Festival.

imaxe 1

imaxe 2

 

 

Palabras de Ciencia

Aprendemos e gozamos moito coas palabras de ciencia de Manuel Vicente, divulgador científico e director do Programa "Efervesciencia" de Radio Galega. Foi un pracer. Moitas grazas! 

E grazas tamén ao alumnado e ao profesorado de Farmacia e parafarmacia, Educación infantil, Dietética, Mediación comunicativa e Coidados auxiliares de enfermaría por participar na actividade. 

02.05.19 EDLG 1 02.05.19 EDLG 2