INICIAR SESIÓN

Sementeira de acivros

Sabes cal foi a Palabra do Ano 2018 segundo o Portal das Palabras*?

DESEUCALIPTIZACIÓN

Dende o EDLG do CIFP Ánxel Casal-Monte Alto quixemos contribuír a espallar a biodiversidade de Galicia sementando unha especie protexida de gran valor ecolóxico: o acivro.

Máis de 250 persoas da comunidade educativa participaron nesta iniciativa, na que se repartiron un total de 75 acivros. Agardamos que alá onde os plantedes teñan unha longa e fermosa vida. 

*Portal das Palabras é unha iniciativa conxunta da Real Academia Galega e a Fundación Barrié para difundir e potenciar o traballo lexicográfico da Academia.

Imaxes da actividade

4