INICIAR SESIÓN

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, xorde a iniciativa de dedicar unha das aulas do CIFP Ánxel Casal – Monte Alto ao poeta de Outeiro de Rei, Manuel María, que participou en actividades poéticas neste centro.

A aula escollida foi a 104, na planta baixa do edificio.

Este espazo xa foi renomeado e dende hoxe pódese ver a placa que lle dá nome e unha nota sobre a súa biografía, así como unha imaxe e unha frase do autor.

aula manuel maria