FAMILIA SANIDADE

CS DIETÉTICA

iNFORMACIÓN ACADÉMICA

Familia: Sanidade.
Sistema educativo: LOXSE
Grao: Superior.
Horas: 2000
Código: S19003
Título: Técnico superior en dietética.

OFERTA FORMATIVA

Réxime ordinario: Todos os módulos se distribúen en dous cursos académicos en horario de mañá (De 8:30h a 15:00h)

Que se aprende a facer?

Elaborar dietas adaptadas a persoas e/ou colectivos e controlar a calidade da alimentación humana analizando os seus comportamentos alimentarios e as súas necesidades nutricionais, así como programar e aplicar actividades educativas que melloren os hábitos de alimentación da poboación, baixo a supervisión correspondente.

En que ámbitos se traballa?

Organización e xestión da súa unidade ou gabinete de traballo, prestación de servizos, control de calidade e educación sanitaria.

Que ocupacións se desempeñan?

Dietista. Técnico en dietética e nutrición. Responsable de alimentación en empresas de cátering. Técnico en hixiene dos alimentos. Consultor en alimentación. Educador sanitario.

MÓDULOS

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos Horas
Alimentación equilibrada 290
Control alimentario 185
Dietoterapia 220
Educación sanitaria e promoción da saúde
Sección bilingüe (Inglés)
130
Fisiopatoloxía aplicada á dietética 215
Formación e orientación laboral 55
Formación en centros de traballo 380
Horas á disposición do centro 80
Microbioloxía e hixiene alimentaria 220
Organización e xestión da área de traballo asignada na unidade/gabinete de dietética 80
Proxecto integrado 90
Relacións no contorno de traballo 55