INICIAR SESIÓN

•    TÍTULOS LOE
As probas libres teñen por finalidade, permitir que ás persoas participantes obteñan directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sen necesidade de acudir a clase, e presentándose a exámes teóricos e prácticos onde demosten ter alcanzados os obxectivos do currículo correspondente.
Para máis información consultar a seguinte ligazón:

http://www.edu.xunta.es/fp/probas-libres-convocatoria-actual


•    TÍTULOS EXTINGUIDOS LOXSE
Estas probas van dirixidas ao alumnado que cursou os seus estudos ao abeiro dos títulos LOXSE,  e que neste momento deixaron de impartirse debido á implantación dos novos títulos LOE, co obxecto de posibilitar que estas persoas poidan acabar os seus estudos e obter a titulación.

Todos os módulos dos ciclos formativos extinguidos, agás o módulo de FCT, poderán ser avaliados por esta vía. O alumnado disporá de dúas convocatorias, que terán lugar no curso académico seguinte ao da extinción definitiva da docencia do ciclo formativo

 

•    Probas libres de títulos extinguidos LOXSE 2016. 1ª Convocatoria. Relación definitiva de persoas admitidas. Publicada a relación definitiva de persoas admitidas nas Probas Libres de Títulos Extinguidos LOXSE 1ª Convocatoria Setembro 2016. CIFP Anxel Casal-Monte Alto. (Acceso o documento)

•    Probas libres de títulos extinguidos LOXSE 2016 1ª convocatoria: Relación provisional de persoas admitidas. Publicada a relación provisional de persoas admitidas nas Probas Libres de Títulos Extinguidos LOXSE 1ª Convocatoria Setembro 2016. CIFP Anxel Casal-Monte Alto. (Acceso o documento)

•    Probas libres de títulos extinguidos LOXSE 2016.  Publicada a Orde do 2 de maio de 2016 pola que se convocan probas libres de títulos extinguidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo. Consultar no enlace: Requisitos das persoas solicitantes, Documentación a presentar, Prazos e lugares de presentación. Códigos dos Ciclos ofertados. (Resumo)


-Primeira convocatria: do 5 ao 15 de xullo de 2016. Publicaranse a finais de xuño: a estrutura da proba, o procedemento e os criterios de avaliación de cada módulo. As probas desenvolveranse a primeiros de setembro.

-Segunda convocatoria: do 5 ao 15 de maio de 2017

-Anexo I de solicitude.