Horario réxime modular presencial
Que se aprende a facer?
Seleccionar e adaptar próteses auditivas realizando a avaliación audiolóxica, o seguimento da persoa usuaria e o mantemento de próteses, así como determinar medidas de protección acústica a partir da avaliación dos niveis sonoros.
Onde se realiza o traballo?
No sector sanitario público e privado, en empresas privadas do sector, en gabinetes audioprotésicos e en prevención de efectos de ruído ambiental.
En que postos de traballo?
Técnico/a superior en audioprótese. Técnico/a especialista audioprotesista. Técnico/a en elaboración de moldes e protectores auditivos. Técnico/a en medición de nivel sonoro. Audiometrista.
Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos | Horas |
Acústica e elementos de protección sonora | 187 |
Atención á persoa hipoacúsica | 107 |
Audición e comunicación verbal | 53 |
Características anatomosensoriais auditivas | 292 |
Elaboración de moldes e protectores auditivos | 262 |
Elección e adaptación de próteses auditivas | 262 |
Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
Formación e orientación laboral | 107 |
Formación en centros de traballo | 384 |
Proxecto de audioloxía protésica | 26 |
Tecnoloxía electrónica en audioprótese | 267 |
Que título se obtén?
Técnico superior en audioloxía protésica.
A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo aos estudos universitarios de grao e a outro ciclo formativo de grao superior.