INICIAR SESIÓN

Familia: Servizos socioculturais e á comunidade
Sistema educativo: LOE
Grao: Superior
Horas: 2000
Código: SSSC03
Oferta formativa:
Réxime ordinario: Todos os módulos se distribúen en dous cursos académicos en horario de mañá (De 8:30h  a 15:00h)
 


 

Que se aprende a facer?
Programar, organizar, pór en práctica e avaliar intervencións de animación sociocultural e turística, promovendo a participación activa das persoas e dos grupos destinatarios, e coordinando as actuacións de profesionais e persoal voluntario ao seu cargo.

 

Onde se realiza o traballo?
No sector dos servizos á comunidade (desenvolvemento comunitario e información xuvenil), no sector dos servizos culturais (lectura e información, tecnoloxías da información e da comunicación, etc.) e de recursos e produtos culturais diversos, e nos sectores de servizos turísticos e de lecer e tempo libre (actividades lúdicas e deportivas, ambientais e de aire libre).

 

En que postos de traballo?
Coordinador/ora de tempo libre educativo infantil e xuvenil. Director/ora de tempo libre educativo infantil e xuvenil. Responsable de proxectos de tempo libre educativo infantil e xuvenil. Coordinador/ora ou director/ora de campamentos, albergues de xuventude, casas de colonias, granxas-escola, e aulas de casas de xuventude e escolas de natureza. Monitor/ora de tempo libre. Animador/ora  sociocultural. Dinamizador/ora comunitario/a. Asesor/ora para o sector asociativo. Técnico/a comunitario/a. Xestor/ora de asociacións.Técnico/a de servizos culturais. Animador/ora cultural. Informador/ora xuvenil. Animador/ora de hotel. Animador/ora de veladas e espectáculos. Animador/ora de actividades recreativas ao aire libre en complexos turísticos. Xefe/a de departamento en animación turística.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos Horas
Actividades de lecer e tempo libre 156
Animación e xestión cultural 213
Animación turística 140
Contexto da animación sociocultural 107
Desenvolvemento comunitario 107
Dinamización grupal 123
Empresa e iniciativa emprendedora 53
Formación e orientación laboral 107
Formación en centros de traballo 384
Información xuvenil 133
Inglés 160
Intervención socioeducativa con xente nova 105
Metodoloxía da intervención social 133
Primeiros auxilios 53
Proxecto de animación sociocultural e turística 26

 

Que título se obtén?
Técnico superior en animación sociocultural e turística
 
Horarios do curso 2017/2018
Horario grupo ASCT 1 001
 
Horario grupo ASCT 2 001